A educación é transmisión e construcción cultural; xa sexa formal ou informalmente, educar e sempre xerar e transmitir, fixar e modular universos simbólicos, significados, pautas de comportamento, habilidades comunicativas, linguaxes e visións do mundo.
A diversidade cultural na escola é algo que comeza a considerarse a partir dunha maior presenza de nenos e nenas procedentes doutros países, e polo tanto doutras culturas. Esta recoñécese cando non se pode ocultar, cando empeza a ser moi chamativa.
Para facer a descripción do tema do proxecto consideramos necesario facer unha distinción entre multiculturalidade e interculturalidade. Aínda que estes termos son sinónimos convén facer unha definición de cada un para que non haxa dúbidas.
Cando falamos de educación multicultural referímonos a aquela educación que ten como valor a diversidade, a tolerancia, o respeto recíproco entre as culturas, etc...Sen embargo cando nos referimos a educación intercultural añadimos ao anterior o feito de que os grupos diversos se enriquecen mutuamente, se interrelacionan.
Todas as persoas somos diferentes. Aceptar este principio é iniciar a construcción dun novo discurso educativo, o considerar a diferencia no ser humano como un valor e un dereito e non como un defecto.
A partir de aquí se podería elaborar un currículo e unha cultura escolar que respecte as peculiaridades das culturas minoritarias e só así poderase evitar as desigualdades.
Do que se trata é de comprender que o diverso é o normal e non o "anormal", pero isto é difícil xa que o vello non acaba de morrer e o novo non acaba de emerxer.
A educación intercultural/multicultural é unha tarefa de todo o profesorado, pero non só deste, é unha tarefa de toda a comunidade escolar. Tamén das nais e dos pais, dos axentes sociais cos que a escola pode coordinarse localmente: asociacións, técnicos... É unha responsabilidade da administracción educativa que ten o deber de apoiar e proporcionar á formación e os recursos necesarios para levar a cabo esta tarefa. Ademáis levar isto á práctica implica introducir cambios nos contidos educativos nas aulas e nos medios de comunicación social.
A escola intercultural/multicultural é aquela que asume os obxectivos propios da educación intercultural e responde ó reto de educar a todos e todas. Dita educación ten que facer do suxeito un bo cidadán, unha persoa responsable non só dos seus asuntos senón do que afecta aos outros, é considerada como unha utopía.
Bibliografía:
- Aguado Odina, T.; Gil Jaurena, I.; Mata Benito, P. (2005) Educación multicultural: una propuesta para la transformación de la escuela. España: Catarata.
- López Melero, M. (2004). Construyendo una escuela sin exclusiones.Una forma de trabajar en el aula con proyectos de investigación.Málaga: Aljibe.
- Santos Guerra, Miguel Angel(coord)(2003) Aprender a convivir en la escuela. Madrid:Akal S.A
- Soriano Ayala, E. (Coord.) (2007) Educación para la convivencia intercultural. Madrid: La Muralla