Para rematar o noso proxecto de investigación sobre a multiculturalidade, fixemos unha serie de actividades sobre a cultura xitana coa PDI. Non as podemos subir ó blog para compartilas con vós pero deixamos constancia da súa realización. Para que vos situedes un pouquiño, deixóvos unha breve explicación sobre o que é a PDI.
A Pizarra Dixital Interactiva consiste nun ordenador conectado a un videoproxector, que mostra a sinal de dito ordenador sobre unha superficie lisa e ríxida, sensible ao tacto ou non, dende a que se pode controlar o ordenador, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada, así como gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportalas a diversos formatos. A principal función da pizarra é, pois, controlar o ordenador mediante esta superficie cun bolígrafo, o dedo - nalgúns casos- ou outro dispositivo como se de un ratón se tratara. É o que nos da interactividade ca imaxe e o que o diferencia dunha pizarra dixital normal (ordenador + proxector).
