martes, 27 de septiembre de 2011

O noso proxecto

Son unha profesora de Educación Infantil na cidade da Coruña, nun colexio situado nas aforas da cidade.
Chámome Lili e nacín en China. A miña familia e eu viñemos a Galiza por motivos laborais e dende entón vivo aqui.
Actualmente son títora dun aula de 11 alumnos e 9 alumnas de 4 a 5 anos.

A nosa aula esta dividida por rincóns: o dos contos, o das actividades (onde temos as mesas e sillas para traballar), o da asamblea, informática e pintura.

Nesta aula traballamos mediante proxectos de investigación xa que considero que teño que axudar os nenos/as a pensar, a investigar, a cooperar, colaborar ; que se produzan situacións onde intercambien opinións e todos aprendan de todos coas aportacións que se fan individualmente, que aprendan a respetar o diferente, etc...Pero o máis importante é que son eles quenes elixen o que queren estudar.

Neste intre imos empezar a traballar nun proxecto sobre a Educación Multicultural que xurdiu uns días atrás na asamblea a raíz de que os nenos/as preguntáronme porque tiña os ollos "estirados" e porque un dos seus compañeiros tiña a pel dunha cor máis oscura. Aproveitando esta situación vou traballar con eles as diferentes culturas que están presentes na nosa aula (marroquí, chinesa e xitana).
!Poñémonos mans a obra!

viernes, 23 de septiembre de 2011

Benvidos/as ó noso blog

Hola a todos e todas!!!!
Somos Eva, Yoli, María e Alba, estudantes do 1º curso do Grado de Educación Infantil da Universidade da Coruña.
O noso obxectivo é ir amosándovos paso a paso o proxecto de investigación que imos realizar sobre a Educación Multicultural.
A través deste blog pretendemos amosar as diferentes culturas e a cantidade de cousas que podemos aprender de cada unha delas.

Esperamos que vos guste o noso traballo e que aprendades del tanto coma nós.